Publicado por: ceercomunicaciencia | 7 Decembro, 2010

DESCARGA OS DOCUMENTOS DOS TALLERES

Mediante Resolución do 15 de xuño de 2010, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, publicada no Diario Oficial de Galicia do 30 de xuño de 2010, se estableceron as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións destinadas a entidades sen ánimo de lucro, para actuacións de difusión relacionadas co desenvolvemento da Sociedade da Información na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) e polo Plan Avanza.

Grazas a unha subvención de 4.367,69 €, a  Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais desenvolveu durante o mes de novembro un proxecto de demostración do uso das TICS para a orientación e información Universitaria nas principais cidades universitarias galegas: A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, na que se realizaron visitas de orientación e información a diferentes centros de ensino secundario.

Xa podedes descargar os documentos utilizados nos “Talleres de demostración do uso das TIC’s para a información e a orientación universitaria” na pestana superior: “Guias das webs das Universidades“.

Se tedes algunha dúbida ou problema na descarga podedes escribir a: santiagotec@fceer.org

As Novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC’s) resultan fundamentais para alcanzar unha sociedade informada. As sociedades contemporáneas enfróntanse ao reto de proxectarse e adaptarse a un proceso de cambio que ven avanzando moi rapidamente cara a construción de Sociedades do Coñecemento. Este proceso é dinamizado esencialmente polo desenvolvemento de novas tendencias na xeración, difusión e utilización do coñecemento.

As TIC’s ábrennos a posibilidade de acceder a múltiples espazos de información, sen límites de distancia xeográfica, fronteiras e incluso idioma, existindo diversidade de ferramentas telemáticas para a tradución. Para obter desta información un uso eficiente debe de ser correctamente xestionada e difundida.

Neste contexto, as Universidades da Eurorrexión organizan nas súas páxinas webs a recompilación da información xerada nas súas actividades diarias. Estes portais dixitais preséntanse como un punto de encontro e de acceso aberto entre as comunidades universitarias e a sociedade en xeral:

www.usc.eswww.udc.es

www.uvigo.es

www.up.ptwww.uminho.pt

www.utad.pt

 A través dos seus portais web, as Universidades ofrecer unha completa información sobre que se pode estudar e onde facelo, os contidos académicos, profesorado, saídas profesionais, as posibilidades de realizar estudios fora da casa, horarios, actividades culturais e deportivas, etc. Paralelamente créanse comunidades virtuais en redes sociais tan populares como facebook e twiter, podendo acceder calquera usuario aos seus contidos, e converterse nun mais da comunidade académica.

As TIC’s convértense neste contexto nunha ferramenta de consulta imprescindible para estudantes de ESO e Bacharelato, tendo en conta, ademais, que son moitos os estudantes que ao rematar 2º de bacharelato non dispoñen da suficiente información para unha selección meditada da titulación e universidade máis acorde con seus intereses académico e futuro profesional. E, incluso dentro da propia universidade, moitos estudantes descoñecen toda a información e orientación que esta pon a súa disposición e que, mediante as TIC’s, pode aportarlles ao longo de todo o seu percorrido académico.

A proposta de creación duns “Talleres de demostración de o acceso a información virtual das Universidades” atopa xustificación nos seguintes aspectos, sinalados a nivel nacional por diversos autores (Castellano, 1994, Pérez, 1998, Campoy e Pantoja, 199[1]; Planas, 2007; García-Antelo, 2010)[2]:

  • A desorientación dos estudantes de secundaria e os altos niveis de fracaso escolar
  • Escasa, inexistente e ineficaz orientación previa ao acceso a Universidade.
  • A desorientación dos estudantes universitarios ante os retos da sociedade actual.
  • A necesidade de orientación en todos os ámbitos (persoal, académico e profesional).
  • A dificultade para acceder a titulación elixida na primeira opción tras superar as probas de Selectividade.
  • A crecente heteroxeneidade  e masificación do estudante universitario.
  • A gran diversificación, optatividade e flexibilidade do curriculum universitario.
  • A necesidade de afrontar os cambios tecnolóxicos e sociais aos que se enfrontan os universitarios.
  • A insatisfacción que xeralmente é expresada polos estudantes como consecuencia de malos servizos ou carencias en temas de orientación universitaria.
  • As dificultades de inserción laboral dos titulados universitarios.
  • A orientación ten que ser un proceso continuo, facéndose prioritaria nalgúns momentos da vida preuniversitaria e universitaria, especialmente para os alumnos comprendidos en grupos de risco.
  • O potencial aproveitamento dos recursos que a Sociedade da Información no eido académico xa pon a disposición da sociedade, provendo a formación adecuada para o seu manexo. Deste modo, mediante a formación no uso das plataformas web das Universidades pódese axudar ao alumnado nas súas aspiracións, ampliando os seus horizontes en termos de metas de aprendizaxe, de desenvolvemento dunha carreira e de consolidación dun proxecto persoal e profesional.

Nesta problemática, detectase unha descoordinación entre a información xerada polas webs das Universidades e a súa difusión. Unha das principais dificultades é a escasa tradición orientadora:  o predominio dun modelo de intervención por medio dos servizos, nos que abundan intervencións puntuais e informativas, e nos que escasean as accións formativas (Pantoja & Campoy, 2001[1]) que xeren unhas capacidades e unha autonomía no uso desta información por parte do alumnado.

“APRENDER A APRENDER”

É difícil, pois, imaxinar unha universidade mellor sen unha mellora de servizos de apoio no acceso á información para os estudantes nos diferentes ámbitos da súa vida universitaria (a planificación e a xestión da carreira, a elección dun itinerario laboral, o acceso ao emprego, a toma de decisións, a oferta de cultura e lecer…).

Para que a orientación ao estudante sexa un elemento máis da calidade da ensinanza precísase difundir a información xa existente nas plataformas web das universidades e ensinar ao alumno a manexarse de maneira autónoma nestas xa antes de acceder ás Universidades. Isto facilitará o acceso e manexo de información que potencie o seu desempeño profesional e persoal. Por outra banda, a escaseza de recursos para o desenvolvemento da acción orientadora que existe nas Universidades pode verse paliada por esta formación inicial dos estudantes: o orientador poderá dedicar os seus esforzos á síntese e reflexión de toda a información recompilada, dedicándose a informar aos alumnos sobre como organizar a información recibida e estruturala de modo que lles poida ser útil, fomentando a independencia do alumno e liberándose de tarefas meramente mecánicas, pudendo dedicarse con máis efectividade ás labores de consulta e asesoramento.

A utilización cotiá das plataformas web das Universidades aporta valiosa información para a orientación profesional e persoal, así como recursos académicos para o percorrido universitario e laboral. A familiarización no uso destas ferramentas, permite o acceso a multitude de recursos como poden ser:

  • Orientación e información abundante sobre as Titulacións de 1º e 2º ciclo, Titulacións de Grao adaptadas ao EEES, másteres, estudios de Doutoramento, Posgraos, Formación Continua: oferta formativa, as materias optativas, os itinerarios de formación, os horarios, matrícula on line, a planificación de exámenes, a proxección laboral. Enlaces a páxinas específicas das diferentes facultades con textos explicativos das mesmas, planes de estudo, información dos obxectivos de cada unha das materias, programa, información bibliográfica, estilos docentes e de aprendizaxe, aportacións de cada un dos profesores (apuntes, esquemas, orientacións, etc.), contactos dos profesores para a realización de calquera cuestión.
  • Recursos académicos on line (dende documentos específicos a hipervínculos): bases de datos on line, museos virtuais, recompilacións de enlaces a institucións e temáticas  de interese académico.
  • Estrutura e funcionamento da Universidade. Normativa referente aos estudantes e a calidade na docencia, na investigación, na organización docente, no Terceiro Ciclo, Posgrao, Formación Continua…; información sobre o Consello de Dirección e órganos de Goberno Colexiados.
  • Información sobre servizos e recursos da comunidade universitaria como: bibliotecas, bases de datos, préstamo de libros, museos virtuais, residencias para o alumnado, servizo de deportes, servizo de cultura (ofertas de ocio saudable), servizos de apoio ao emprendemento e ao emprego, orientación académica e laboral,  etc.
  • Enlaces aos diferentes Departamentos de Investigación, Institutos e Centros Singulares e Centros de Investigación vinculados ás Universidades, con información sobre as diferentes liñas de investigación que están desenvolvendo, direccións de contacto e maneiras de colaborar ou traballar neles.
  • Acceso a bolsas, convocatorias de investigación, programas de mobilidade, convenios de cooperación educativa para a realización de prácticas en empresa, formación para a inserción laboral, ofertas de emprego…
  • Información histórica, planos das cidades onde se localizan os campus, transportes, taboleiro de anuncios (busca de aloxamento…) etc.

 TALLERES DE DEMOSTRACIÓN DO USO DAS TIC’S PARA A FORMACIÓN E ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA

Deste modo pretendemos realizar uns talleres de demostración do uso das TIC’s no ámbito preuniversitario (estudantes de segundo de Bacherelato) mediante o ensino do manexo e potencialidades das ferramentas web. As novas tecnoloxías poden poñer a disposición do profesional que desenvolverá os cursos, nun prazo relativamente corto, unhas estratexias e sistemas máis dinámicos, participativos e interactivos nos procesos de aprendizaxe relativos á adquisición de información persoal, académica e ocupacional, nos procesos de toma de decisións e nos itinerarios de inserción socio-laboral.

A formación ao alumno sobre o funcionamento das plataformas virtuais das universidades enfocarase no desenvolvemento de estratexias que lle permitan o uso da información por si só e a planificación dos procesos de busca, asimilación, organización, análise, etc. como competencias sociais e comunicativas.

Adicionalmente, os alumnos poderán beneficiarse noutros ámbitos deste proceso de familiarización coas plataformas web das Universidades: o manexo cotiá destas webs mostraralles opcións diarias de ocio saudable e cultural, promovendo estilos de vida san: teatro, concertos, obradoiros, recitais, etc. organizados e difundidos mediante as TIC’s polas Universidades.

Mediante esta intervención cos “Talleres de demostración de o acceso a información virtual das Universidades” preténdese:

  • Planear a orientación antes da vida universitaria, facilitándose a autonomía persoal no manexo das novas tecnoloxías e as plataformas de información das Universidades, coñecendo de antemán as opcións e as ofertas dispoñibles.
  • Situar a orientación mediante o uso das TIC’s como un elemento permanente en toda a vida do estudante, e posteriormente, coa súa inserción na vida laboral, polo que ten que familiarizarse dende un principio coas ferramentas orientadoras e as posibilidades que as TIC’s teñen na súa traxectoria profesional e persoal.
  • Estimular a participación e implicación do alumno na busca de información en soportes diversos, mediante o manexo no uso das novas tecnoloxías, desenvolvendo as súas competencias para obter información nos ámbitos citados.
  • Mellorar a calidade do sistema educativo mediante a formación no uso das TIC’s e o acceso a información (mellorar o rendemento, paliar algunhas das causas do fracaso escolar…).        
  • Sintetizar e integrar fontes diversas de información, fomentar o análise crítico da información manexada e mellorar a toma de decisións dos estudantes, creando un criterio máis amplo ante o coñecemento das distintas ofertas académicas e profesionais.
  • Sacar a busca de orientación do seu contexto tradicional  e levala ás casas, ao espazo cotiá, ás familias.
  • Servir de prevención aos diversos problemas que afectan á xuventude (xenofobia, racismo, alcoholismo, drogas…).
  • Facilitar o acceso ao emprego, bolsas e mobilidade, mediante os variados taboeiros de ofertas das universidades e o bo uso de internet para a busca de oportunidades.

As persoas que asistan ás xornadas poderán:

  • o aclarar ideas sobre o seu futuro
  • o tomar conciencia de si mesmos.
  • o Interiorizar as oportunidades que existen nas plataformas web das universidades.
  • o Aprender a tomar decisións tras coñecer as diferentes posibilidades que ten tras un proceso de reflexión.
  • o Deseñar o seu itinerario profesional e persoal con maior criterio e coñecemento.
  • o Prepararse para a transición á vida activa e ao mundo laboral.

O futuro inmediato que depara á orientación, en opinión de Benavent[1] (1999), ven da man dos cambios espectaculares no ámbito das novas tecnoloxías, a dixitalización da información e as redes sociais, que nos están lanzando a unha nova era. Estes cambios tecnolóxicos están producindo una profunda transformación das estruturas dos sistemas educativos, as carreiras e o mundo do traballo. Si se quere dar unha resposta axeitada temos que concienciar aos estudantes sobre a importancia das TIC’s e formalos correctamente para o seu uso dende idades temperás, a fin de dar resposta ás necesidades das relacións interpersoais, laborais e académicas dunha sociedade cada vez máis complexa y tecnificada.

Dende o noso punto de vista, o a educación no uso das TIC’s representa un avance para a Orientación Educativa, ao permitir co seu bo manexo, que esta acade cotas moi altas de efectividade no futuro persoal, familiar, académico e profesional dos alumnos que desenvolveran as habilidades necesarias para o seu uso.

Ademais, ao mesmo tempo, contribúe a abrir novos horizontes e acercarse moito máis á realidade social: a atención a diversidade, a multiculturalidade, a adecuación personalizada ao futuro vocacional e laboral. Unha sociedade diversa e en continuo cambio que se pode optimizar sensiblemente a través dunha utilización adecuada das TIC’s na orientación educativa.

Categorías