As Novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC’s) resultan fundamentais para alcanzar unha sociedade informada. As sociedades contemporáneas enfróntanse ao reto de proxectarse e adaptarse a un proceso de cambio que ven avanzando moi rapidamente cara a construción de Sociedades do Coñecemento. Este proceso é dinamizado esencialmente polo desenvolvemento de novas tendencias na xeración, difusión e utilización do coñecemento.
As TIC’s ábrennos a posibilidade de acceder a múltiples espazos de información, sen límites de distancia xeográfica, fronteiras e incluso idioma, existindo diversidade de ferramentas telemáticas para a tradución. Para obter desta información un uso eficiente debe de ser correctamente xestionada e difundida.
Neste contexto, as Universidades da Eurorrexión organizan nas súas páxinas webs a recompilación da información xerada nas súas actividades diarias. Estes portais dixitais preséntanse como un punto de encontro e de acceso aberto entre as comunidades universitarias e a sociedade en xeral:
www.usc.eswww.udc.es | www.up.ptwww.uminho.pt |
A través dos seus portais web, as Universidades ofrecer unha completa información sobre que se pode estudar e onde facelo, os contidos académicos, profesorado, saídas profesionais, as posibilidades de realizar estudios fora da casa, horarios, actividades culturais e deportivas, etc. Paralelamente créanse comunidades virtuais en redes sociais tan populares como facebook e twiter, podendo acceder calquera usuario aos seus contidos, e converterse nun mais da comunidade académica.
As TIC’s convértense neste contexto nunha ferramenta de consulta imprescindible para estudantes de ESO e Bacharelato, tendo en conta, ademais, que son moitos os estudantes que ao rematar 2º de bacharelato non dispoñen da suficiente información para unha selección meditada da titulación e universidade máis acorde con seus intereses académico e futuro profesional. E, incluso dentro da propia universidade, moitos estudantes descoñecen toda a información e orientación que esta pon a súa disposición e que, mediante as TIC’s, pode aportarlles ao longo de todo o seu percorrido académico.
A proposta de creación duns “Talleres de demostración de o acceso a información virtual das Universidades” atopa xustificación nos seguintes aspectos, sinalados a nivel nacional por diversos autores (Castellano, 1994, Pérez, 1998, Campoy e Pantoja, 199[1]; Planas, 2007; García-Antelo, 2010)[2]:
- A desorientación dos estudantes de secundaria e os altos niveis de fracaso escolar
- Escasa, inexistente e ineficaz orientación previa ao acceso a Universidade.
- A desorientación dos estudantes universitarios ante os retos da sociedade actual.
- A necesidade de orientación en todos os ámbitos (persoal, académico e profesional).
- A dificultade para acceder a titulación elixida na primeira opción tras superar as probas de Selectividade.
- A crecente heteroxeneidade e masificación do estudante universitario.
- A gran diversificación, optatividade e flexibilidade do curriculum universitario.
- A necesidade de afrontar os cambios tecnolóxicos e sociais aos que se enfrontan os universitarios.
- A insatisfacción que xeralmente é expresada polos estudantes como consecuencia de malos servizos ou carencias en temas de orientación universitaria.
- As dificultades de inserción laboral dos titulados universitarios.
- A orientación ten que ser un proceso continuo, facéndose prioritaria nalgúns momentos da vida preuniversitaria e universitaria, especialmente para os alumnos comprendidos en grupos de risco.
- O potencial aproveitamento dos recursos que a Sociedade da Información no eido académico xa pon a disposición da sociedade, provendo a formación adecuada para o seu manexo. Deste modo, mediante a formación no uso das plataformas web das Universidades pódese axudar ao alumnado nas súas aspiracións, ampliando os seus horizontes en termos de metas de aprendizaxe, de desenvolvemento dunha carreira e de consolidación dun proxecto persoal e profesional.
Nesta problemática, detectase unha descoordinación entre a información xerada polas webs das Universidades e a súa difusión. Unha das principais dificultades é a escasa tradición orientadora: o predominio dun modelo de intervención por medio dos servizos, nos que abundan intervencións puntuais e informativas, e nos que escasean as accións formativas (Pantoja & Campoy, 2001[1]) que xeren unhas capacidades e unha autonomía no uso desta información por parte do alumnado.
“APRENDER A APRENDER”
É difícil, pois, imaxinar unha universidade mellor sen unha mellora de servizos de apoio no acceso á información para os estudantes nos diferentes ámbitos da súa vida universitaria (a planificación e a xestión da carreira, a elección dun itinerario laboral, o acceso ao emprego, a toma de decisións, a oferta de cultura e lecer…).
Para que a orientación ao estudante sexa un elemento máis da calidade da ensinanza precísase difundir a información xa existente nas plataformas web das universidades e ensinar ao alumno a manexarse de maneira autónoma nestas xa antes de acceder ás Universidades. Isto facilitará o acceso e manexo de información que potencie o seu desempeño profesional e persoal. Por outra banda, a escaseza de recursos para o desenvolvemento da acción orientadora que existe nas Universidades pode verse paliada por esta formación inicial dos estudantes: o orientador poderá dedicar os seus esforzos á síntese e reflexión de toda a información recompilada, dedicándose a informar aos alumnos sobre como organizar a información recibida e estruturala de modo que lles poida ser útil, fomentando a independencia do alumno e liberándose de tarefas meramente mecánicas, pudendo dedicarse con máis efectividade ás labores de consulta e asesoramento.
A utilización cotiá das plataformas web das Universidades aporta valiosa información para a orientación profesional e persoal, así como recursos académicos para o percorrido universitario e laboral. A familiarización no uso destas ferramentas, permite o acceso a multitude de recursos como poden ser:
TALLERES DE DEMOSTRACIÓN DO USO DAS TIC’S PARA A FORMACIÓN E ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA Deste modo pretendemos realizar uns talleres de demostración do uso das TIC’s no ámbito preuniversitario (estudantes de segundo de Bacherelato) mediante o ensino do manexo e potencialidades das ferramentas web. As novas tecnoloxías poden poñer a disposición do profesional que desenvolverá os cursos, nun prazo relativamente corto, unhas estratexias e sistemas máis dinámicos, participativos e interactivos nos procesos de aprendizaxe relativos á adquisición de información persoal, académica e ocupacional, nos procesos de toma de decisións e nos itinerarios de inserción socio-laboral. A formación ao alumno sobre o funcionamento das plataformas virtuais das universidades enfocarase no desenvolvemento de estratexias que lle permitan o uso da información por si só e a planificación dos procesos de busca, asimilación, organización, análise, etc. como competencias sociais e comunicativas. Adicionalmente, os alumnos poderán beneficiarse noutros ámbitos deste proceso de familiarización coas plataformas web das Universidades: o manexo cotiá destas webs mostraralles opcións diarias de ocio saudable e cultural, promovendo estilos de vida san: teatro, concertos, obradoiros, recitais, etc. organizados e difundidos mediante as TIC’s polas Universidades. Mediante esta intervención cos “Talleres de demostración de o acceso a información virtual das Universidades” preténdese:
|
O futuro inmediato que depara á orientación, en opinión de Benavent[1] (1999), ven da man dos cambios espectaculares no ámbito das novas tecnoloxías, a dixitalización da información e as redes sociais, que nos están lanzando a unha nova era. Estes cambios tecnolóxicos están producindo una profunda transformación das estruturas dos sistemas educativos, as carreiras e o mundo do traballo. Si se quere dar unha resposta axeitada temos que concienciar aos estudantes sobre a importancia das TIC’s e formalos correctamente para o seu uso dende idades temperás, a fin de dar resposta ás necesidades das relacións interpersoais, laborais e académicas dunha sociedade cada vez máis complexa y tecnificada.
Dende o noso punto de vista, o a educación no uso das TIC’s representa un avance para a Orientación Educativa, ao permitir co seu bo manexo, que esta acade cotas moi altas de efectividade no futuro persoal, familiar, académico e profesional dos alumnos que desenvolveran as habilidades necesarias para o seu uso.
Ademais, ao mesmo tempo, contribúe a abrir novos horizontes e acercarse moito máis á realidade social: a atención a diversidade, a multiculturalidade, a adecuación personalizada ao futuro vocacional e laboral. Unha sociedade diversa e en continuo cambio que se pode optimizar sensiblemente a través dunha utilización adecuada das TIC’s na orientación educativa.
Deixar unha resposta